Nave de Vialidade
Organizador: Escola Politécnica Superior
O curso que se impartirá no Laboratorio de Instrumentación da EPSE, será eminentemente práctico, de xeito que os asistentes adquiran as destrezas necesarias para trasladar os coñecementos aos seus proxectos e poderán probar os contidos presentados e deseñar e realizar montaxes de sistemas propostos por si mesmos coa axuda dos docentes.

O curso céntrase nos seguintes puntos: deseñar pezas en 3D con ferramentas CAD e e manexar de maneira fluída do entorno de deseño CAD 3D Fusion 360 de Autodesk; modelar, realizar operación intermedias e avanzadas; empregar a contorna Render para crea previsualizacións fotorealistas, coñecer o taller mecánico e as ferramentas básicas dispoñibles; coñecer a tornillería, perfilaría,sistemas de acoramento e acoplamento normalizada; saber realizar tarefas de mantemento básicas na maquinaria do taller mecánico;coñecer as tecnoloxías de fabricación (impresión 3D, corte e plegado, soldadura, mecanizado) e exportación de modelos para a súa fabricación: Ficheiros e planos
PROGRAMA:
- Debuxo paramétrico e operacións 3D con Fusion 360. Ensamblado de compoñentes. Preparación de modelos para fabricación.
- Debuxo de estruturas para pregado de chapa metálica con Fusion 360. Preparación de planos para
fabricación. - Elementos mecánicos básicos: Tornillería e perfilería normalizada, elementos de fixación e acoplamento.
- Fabricación: Corte laser e impresión 3D. Preparación de modelos, preprocesado e postprocesado, ferramentas e elementos dun taller mecánico.
COORDINA: Enrique Comesaña Figueroa
IMPARTE: Jaime García Cantalapiedra, Jesús Álvarez Puentes, Carlos Comesaña Figueroa e Yasmina Vázquez Penelo
PRAZAS: limitadas 15.