Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Curso sobre "O Pan e o Cereal Galego"

18 de xuño de 2025

IBADER
Salón de Actos

Organizador: Facultade de Ciencias

Impulsar e promocionar a produción do pan e do cereal galego de calidade é un dos obxectivos que persegue este curso, que trata de visibilizar a investigación e a innovación desenvolvida por investigadores colaboradores da cátedra do Pan e do Cereal.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O plantexamento do curso é integral, dende o campo á mesa. Neste curso, preténdese dar a coñecer ás investigacións básicas e aplicadas que se están a abordar dende o cultivo do cereal ata que se obtén o pan. O contido do curso, implica describir as últimas novidades sobre a agronomía, a biodiversidade, a xenética, a microscopía, o emprego de redes neuronais, a caracterización físico-química, nutricional e sensorial de pans, así como os estudos de mercado e a importancia económica do sector.

Entre os modulos que se impartirán figuran a Produción do Cereal Local e Sostible, Biodiversidade no Cultivo de Cereais, Trazabilidade e técnicas de caracterización de fariñas e pan, Produción do Pan Galego e a súa importancia dentro dunha alimentación saudable e a Comercilización e economía circular.

Parte destas investigación están incluídas dentro dun proxecto competitivo financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación que lidera a Cátedra do Pan e do Cereal. Este curso tamén permitirá afianzar as relación internacionais da Cátedra xa que participarán docentes da UTAD cos que se están a levar estratexias de colaboración.

O curso, coordinado por Ángeles Romero Rodríguez e Santiago Pereira Lorenzo, estará impartido por integrantes e colaboradores da Cátedra do Pan e do Cereal e por PDI da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Realizarase no Salón de Actos do IBADER de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas. 

As persoas interesadas en asistir a este curso-obradoiro, poden formalizar a súa matrícula no seguinte Formulario de Inscrición. Ás 15:30 está prevista unha visita a Carral para visitar campos de ensaio de trigo ‘Caaveiro’ e outras variedades, o muiño de pedra e unha panadería artesanal do Grupo DaCunha. As persoas que se inscriban e estén interesadas nesta visita, por favor, que o fagan saber enviando un e-mail a campus.terra [at] usc.gal (campus[dot]terra[at]usc[dot]gal)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2025.