Aula de Informática 1
Organizador: Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Este curso ten por obxectivos obter un coñecemento básico das principais técnicas baseadas en aprendizaxe automático e minería de datos, acadar un manexo práctico autosuficiente con algunhas das ferramentas e librerías software mais usadas e identificar que técnicas de aprendizaxe automático e minería de datos de uso común poden aplicarse á liñas de investigación.
Este curso, impartido por Álvaro Vázquez Álvarez e coordinador por Marta Portela Maseda, afondará no coñecemento de tarefas e técnicas da aprendizaxe supervisada, na extracción do coñecemento a partir dos datos (KDD), tarefas e técnicas de aprendizaxe non supervisadas (clustering baseado en particións, en distribución, en densidade ou agrupamento xerárquico), tarefas e técnicas da aprendizaxe por reforzo e aprendizaxe profunda (redes neuronais e IA xenerativa).
Os contidos do programa desenvolveranse en 3 bloques diferenciados que se impartirán nas catro sesións presenciais programadas: I. Temas 1+2 (1ª sesión, 4h); II. Temas 3+4 (2ª e 3ª sesión, 8h); III. Temas 5+6 (4ª sesión, 3h). A metodoloxía combina unha parte expositiva onde se introducen, en breves explicacións apoiadas en materiais multimedia, os contidos teóricos cos que se vai traballar na segunda parte de cada sesión nun obradoiro práctico. Estes obradoiros consisten na realización interactiva de supostos prácticos adaptados de aplicacións reais de investigación en diferentes áreas de CC. Económicas e Empresariais que usan técnicas e ferramentas de aprendizaxe automático e de minería de datos.
Os supostos prácticos estarán montados en cadernos Jupyter, e proporcionaranse códigos de exemplo en linguaxes Python e R para interactuar, polo que para un aproveitamento axeitado do curso recomendase un coñecemento básico dalgunha destas linguaxes de programación.
O curso, que se iniciará o 10 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas, ten aberta a súa inscrición: Formulario de Inscrición.