Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Xestión de Proxectos de I+D+i con PM²

26 e 30 de setembro e 2, 6, 9 de outubro

MSF Teams

Este curso, dirixido a PDI, xestores de proxectos e persoal investigador, ten como obxectivo proporcionar ferramentas e habilidades necesarias para liderar proxectos de maneira eficiente, desde a súa concepción ata a súa implementación, cun enfoque particular na preparación de propostas de proxectos de I+D+i e europeos.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

PM² é unha metodoloxía desenvolvida pola Comisión Europea, sinxela e fácil de implantar, aúna elementos dunha ampla gama de boas prácticas de xestión
de proxecto globalmente aceptadas e descritas en estándares e metodoloxías como PMBOK, PRINCE2, IPMA-ICB, incorporando a experiencia operativa dos proxectos levados a cabo nas institucións europeas. Ao ser unha metodoloxía promovida pola Unión Europea, o seu principal impulso foi satisfacer as necesidades das institucións e proxectos da propia Unión Europea e facilitar a xestión do ciclo de vida completo dos devanditos proxectos. 

O curso, impartido vía telemática por José Moro Melón, Enxeñeiro Industrial, PMP®, SAFe Program Consultant e formador en PM² pola Europe Academy, será práctico e percorrerá todo as fases da metodoloxía PM². Para iso utilizarase un proxecto a modo de exemplo e iranse desenvolvendo os diferentes documentos de xestión a través de exercicios. Os contidos do curso agruparanse nos seguintes puntos: Introdución ao Project Management, PM², Roles e organización de PM², Fases de PM² (iniciación, planificación, execución, peche e seguimento e control).

Os intereados en participar neste curso online, que terá lugar os días 26 e 30 de setembro e 2, 6 e 9 de outubro en distintos horarios de mañá e de tarde segundo a sesión, poden inscribirse na seguinte ligazón  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2025.