Ir o contido principal

Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra

27.02.2025 | 18.00h

Lugo
Cafetaría

Imaxe de arqwuivo dos corredores da Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arqwuivo dos corredores da Facultade de Veterinaria. FOTO: Santi Alvite

Os ‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’ conformarán a partir deste 27 de febreiro un punto de encontro para o persoal investigador do Campus de Lugo. A través de charlas distendidas e dirixido á comunidade universitaria pero tamén á cidadanía no seu conxunto, este evento pretende servir de foro para profundar e tecer sinerxías entre as diferentes liñas de investigación que se desenvolven na sede universitaria luguesa. A actividade comezará ás 18.00 horas.

Os relatores da primeira sesión serán a investigadora distinguida ao abeiro da convocatoria Beatriz Galindo, Marta Prado Rodríguez, e o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Manuel Francisco Marey Pérez. Prado Rodríguez pertence á área de Tecnoloxías de Alimentos e ao grupo de investigación LHICA-USC Hixiene, Inspección e Control de Alimentos. Pola súa parte, Manuel Marey pertence a área de Proxectos de Enxeñaría e ao grupo PROEPLA Proxectos e Planificación.

As profesoras Ana Fresno e Marta Prado organizan esta actividade, co apoio da asociación de estudantes Agromar, que aspira a converterse nunha cita ineludible coa divulgación científica o último xoves de cada mes no Campus de Lugo. De feito, dende a organización poñen o foco en que este evento servirá para “saber que se investiga no Campus Terra, establecer conexións entre o persoal investigador, ou descubrir a infraestrutura coa que conta cada centro”. Ademais, o foro permitirá obter ideas á hora de decantarse por un tema ou outro na realización de Traballos Fin de Grao ou Fin de Mestrado, información sobre bolsas, ou respostas a múltiples dúbidas relativas ao eido investigador.  

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2025.