Ir o contido principal

O Servizo de Deportes da USC no Campus Terra abre a matrícula para as actividades que se realizarán nos meses de xuño e xullo

El Servicio de Deportes de la USC en el Campus Terra abre la matrícula para las actividades que se realizarán en los meses de junio y julio
El Servicio de Deportes de la USC en el Campus Terra abre la matrícula para las actividades que se realizarán en los meses de junio y julio
O Servizo de Deportes da USC no Campus Terra vén de abrir este martes 15 de maio o prazo de matrícula para que os membros da comunidade universitaria (categoría A) podan inscribirse nas actividades...
Lugo

O Servizo de Deportes da USC no Campus Terra vén de abrir este martes 15 de maio o prazo de matrícula para que os membros da comunidade universitaria (categoría A) podan inscribirse nas actividades que o servizo oferta durante os meses de xuño e xullo, mentres que para as persoas alleas á USC a inscrición comezará o 21 de maio.

 

A Aula de Deporte e Cultura da Facultade de Veterinaria acollerá actividades de ximnasia de mantemento, mantemento+aerobic+step, G.A.P (ximnasia que fortalece glúteos, abdominais e pernas), zumba e pilates entre o 4 de xuño e o 13 de xullo. As clases de ioga, pola súa parte, celebraranse no ximnasio da piscina das Pedreiras e rematarán o 30 de xuño. Os horarios poden consultarse na páxina do Servizo de Deportes.

 

A matrícula realizarase tanto na web do servizo, como na Oficina de Deportes da USC no Campus Terra, situada no Edificio Intercentros, dende as 09.00h até as 14.00h. Para poder acceder ás actividades, é imprescindible ter feito o “rexistro de usuario” no Servizo de Deportes da USC no curso 2017-2018. A realización de calquera dos cursos está supeditado á inscrición dun número mínimo de oito inscritos/as.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2022.