Ir o contido principal

A xuntanza da Comisión Reitora acolleu a presentación da Memoria de Actividades do Campus Terra 2024

A xuntanza estivo presidida polo reitor Antonio López
A xuntanza estivo presidida polo reitor Antonio López
A reunión tamén serviu para coñecer o estudo de impacto económico deste campus de especialización na súa contorna
Lugo

A presentación e aprobación da Memoria de Actividades do Campus Terra 2024 foi un dos eixos sobre os que se asentou a xuntanza da Comisión reitora do Campus Terra que se desenvolveu este xoves 21 no edificio CACTUS do Campus de Lugo. O acto presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, serviu para facer balance do realizado ao longo desta anualidade neste campus de especialización da USC. A presentación de resultados correu a cargo da delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera. Ademais, o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande, foi o encargado de presentar o Estudo de impacto económico do Campus Terra na súa contorna.

Ademais do reitor, a delegada para o Campus Terra e o decano de ADE, integraron a xuntanza o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López; a alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos Fondo; o deputado provincial, Pablo Rivera Capón; Jesús García Fernández, en representación de Leite Río; e Emma Romero Brey, de FINSA. Asistiron en liña o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e Irene Bonome, subdirectora de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria. 

A reunión desenvolveuse no CACTUS
A reunión desenvolveuse no CACTUS
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2024.