Ir o contido principal

5 motivos polos que estudar o Máster en Enxeñaría de Montes do Campus Terra da USC

5 motivos por los que estudiar el Máster en Ingeniería de Montes del Campus Terra de la USC
5 motivos por los que estudiar el Máster en Ingeniería de Montes del Campus Terra de la USC
O obxectivo do Máster en Enxeñaría de Montes é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que estes proporcionan....
Lugo

O obxectivo do Máster en Enxeñaría de Montes é a formación de técnicos capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que estes proporcionan. Preténdese que os estudantes que rematen o Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e saiban manexar os recursos naturais renovábeis de forma racional. Porque queremos o mellor para ti, hoxe presentámosche 5 motivos polos que estudar o Máster en Enxeñaría de Montes do Campus Terra da USC. 

 

1. Terás máis posibilidades de atopar emprego.

As actividades profesionais que, en maior medida, desenvolven os enxeñeiros de Montes englóbanse dentro do epígrafe de Enxeñaría e inclúe as consultarías, a construción de instalacións, o medio ambiente, e a seguridade e saúde; en segundo lugar figuran os empregos na administración pública e nas empresas de subministros e servizos, así como a colocación en actividades relacionadas co I+D. Os tres perfís profesionais máis recorrentes son os proxectos e consultarías; a silvicultura, ordenación de montes e piscicultura; e a protección e defensa contra incendios forestais.

 

2. Accederás a postos de traballo mellor remunerados.

O Máster en Enxeñaría de Montes permite acceder a postos de maior cualificación e salario en compañías multinacionais ou en traballos no estranxeiro. O nivel de Máster ten un maior recoñecemento internacional no exercicio profesional como Enxeñeiro de Montes.

 

3. Disporás da mellor infraestrutura para desenvolver as prácticas.

A infraestrutura e equipamento dispoñibles son os existentes na Escola Politécnica Superior, o que permite desenvolver prácticas en laboratorio, en aulas de informática ou nas fincas de prácticas do centro.

 

4. Tamén poderás realizar prácticas en empresas.

O centro dispón de arredor de 500 convenios en activo con empresas e institucións onde poder realizar as prácticas externas.

 

5. Estudarás nun Campus especializado.

Lembra que o Campus Terra é o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

 

Matricúlate xa!!! Só tes que premer aquí!!! Últimas prazas dispoñibles. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.