Ir o contido principal

5 motivos polos que estudar o Masterterra da USC

5 motivos por los que estudiar el Masterterra de la USC
5 motivos por los que estudiar el Masterterra de la USC
O Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, tamén denominado Masterterra, está concibido para formar no coñecemento e as técnicas necesarias para a investigación e o exercicio...
Lugo

O Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, tamén denominado Masterterra, está concibido para formar no coñecemento e as técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo e o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sostible da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaliación, planificación e resolución de conflitos da propiedade, nun contexto diverso tanto no sector público como empresarial. Porque queremos o mellor para ti, hoxe presentámosche 5 motivos polos que estudar o Masterterra da USC.

 

1. Podes acceder ao Masterterra dende múltiples titulacións

Por niveis de preferencia as titulacións afíns son as que se relacionan a continuación: Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnica Agrícola, Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos, Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, Enxeñaría en Xeodesia e Cartografía, Enxeñaría Técnica en Topografía, Enxeñaría Técnica ou Superior de Minas, Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Técnica Forestal, Licenciatura ou Grao en Ciencias Ambientais, Licenciatura ou Grao en Bioloxía, Licenciatura ou Grao en Xeografía, Licenciatura ou Grao en Xeoloxía, Licenciatura ou Grao en Física, Licenciatura ou Grao en Ciencias e Técnicas Estatísticas. Outras titulacións que teñen un campo de aplicación que pode coincidir co perfil do título:  Licenciatura ou Grao en Antropoloxia, Licenciatura ou Grao en Dirección e Administración de Empresas, Licenciatura ou Grao en Ciencias Empresariais, Licenciatura ou Grao en Ciencias Políticas, Licenciatura ou Grao en Dereito, Licenciatura ou Grao en Humanidades, Licenciatura ou Grao en Economía, Licenciatura ou Grao en Socioloxía, Enxeñaría Técnica ou Superior en Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións, Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións, Diplomatura en Estatística, Diplomatura en Xestión e Administración Pública e Diplomatura en Turismo.

 

2. Este máster cobre un campo de coñecemento para o que non hai oferta de formación específica avanzada

As metas do Masterterra consisten en formar especialistas para realizar estudos do territorio que sirvan de base na planificación dos recursos territoriais, particularmente a terra como recurso escaso, por parte das Administracións e da empresa. Asemade tamén se pretende contribuír á integración entre as áreas urbana e rural e os espazos máis vulnerables como espazos naturais protexidos, zonas de montaña e zonas costeiras favorecendo a sustentabilidade ambiental e territorial.

 

3. Poderás acceder á carreira investigadora

A formación adquirida debe servir tanto para formar especialistas no deseño e xestión de políticas públicas, de aplicación de programas territoriais e sectoriais, ou na consultaría especializada, así como para completar a formación académica dos graduados e iniciar na carreira investigadora a aqueles estudantes que pretendan cursar o Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio “Doctora-Te”.

 

4. Se non podes acudir ás clases, podes botar man da opción telepresencial

No modo telepresencial os alumnos poden asistir en remoto ás clases sen necesidade de desprazarse á aula. O sistema permite interactuar co profesor e os compañeiros en vivo, tanto en clases teóricas como prácticas que non sexan en campo.

 

5. Estudarás nun campus especializado

Lembra que o Campus Terra é o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

 

Matricúlate xa!!! Só tes que premer aquí!!! Últimas prazas dispoñibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.