Ir o contido principal

A aceleradora do sector alimentario ‘Business Factory Food’ bota a andar no Campus Terra

A aceleradora do sector alimentario ‘Business Factory Food’ bota a andar no Campus Terra
A aceleradora do sector alimentario ‘Business Factory Food’ bota a andar no Campus Terra
A adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, presidiu a presentación da Business Factory Food, aceleradora...
Lugo

A adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, presidiu a presentación da Business Factory Food, aceleradora vertical especializada no sector alimentario,  no marco dunha xornada na que tamén interviron como relatores o xerente da aceleradora, Javier Álvarez Osuna, e Juan Feijoo Casanova, da Área de Competitividade-Igape.

 

 

Nesta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN), participa a USC xunto coas demais universidades galegas, entre outras entidades e empresas.

 

Na sesión deste mércores, celebrada no edificio Cactus de Lugo e na que participaron preto de 30 investigadores, presentouse o programa de actuación e as pretensións coas que bota a andar esta innovadora iniciativa. A Business Factory Food é unha aceleradora que busca solucionar retos do sector alimentario e da industria 4.0, a través de empresas en vías de constitución ou recentemente constituídas, ofrecendo para iso financiamento, infraestruturas, mentorización, coaching e formación.

 

Preme nesta ligazón para consultar as bases da convocatoria

Preme nesta ligazón para rexistrar o teu proxecto.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.