Ir o contido principal

A área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra impulsa tres obradoiros sobre incubadoras de proxectos

El área de Orientación e Inserción Laboral de la USC en el Campus Terra impulsa tres talleres sobre incubadoras de proyectos
El área de Orientación e Inserción Laboral de la USC en el Campus Terra impulsa tres talleres sobre incubadoras de proyectos
A responsable da área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, organiza os días 7 e 8 de maio, tres obradoiros sobre incubadoras de proxectos dirixidos a estudantes e...
Lugo

A responsable da área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, organiza os días 7 e 8 de maio, tres obradoiros sobre incubadoras de proxectos dirixidos a estudantes e titulados/as do campus, nos que se ofrecerá información e asesoramento sobre as próximas convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude no ámbito da educación non formal.

 

O luns 7 de maio ás 17.30h na aula 3 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, o martes 8 de maio ás 12.30h na aula 15 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, e tamén o martes 8 de maio ás 20.30h no salón de actos da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, terán lugar os obradoiros que serán impartidos pola dinamizadora xuvenil  Zoe Prieto Alonso.

 

Os requisitos de solicitude, as vindeiras convocatorias, e as principais características do programa para desenvolver ideas transformadas en proxectos ‘Iniciativa Xove’, o programa de mobilidade transnacional xuvenil ‘Galeuropa’ e o programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías ‘Deseñando ou teu Futuro’ serán as cuestións obxecto de estudo destes tres obradoiros. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.