Ir o contido principal

A Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España crea unha delegación na EPS do Campus Terra

La Asociación Sectorial de Estudiantes de Ingenierías Agroforestales de España crea una delegación en la EPS del Campus Terra
La Asociación Sectorial de Estudiantes de Ingenierías Agroforestales de España crea una delegación en la EPS del Campus Terra
A Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España (Seiaf) avanza na creación dunha delegación na Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC, a fin de contribuír...
Lugo

A Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España (Seiaf) avanza na creación dunha delegación na Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC, a fin de contribuír así a mellorar a estrutura de representación do alumnado do centro universitario lugués a través dun órgano participativo que sirva para velar polos dereitos de alumnos e alumnas e actúe como voz institucional dos mesmos.

 

A iniciativa promovida pola Seiaf para estruturar e potenciar a representación estudantil na Escola Politécnica Superior da USC centrou a reunión que mantiveron este mércores na Vicerreitoría de Lugo o presidente da Seiaf, David Jorge García, e a vicepresidenta de dita asociación, a alumna de mestrado na EPS, María López de la Calle, cos vicerreitores Javier Bueno Lema e Carme Silva Domínguez.

 

A reunión serviu asemade para que os dirixentes da Seiaf informaran aos vicerreitores das sesións informativas desenvolvidas ao longo desta semana con membros do equipo de goberno da EPS, así como estudantes do centro universitario lugués. Estas xornadas informativas sobre o cometido social da representación estudantil no eido universitario, así como respecto da súa estruturación orgánica no plano autonómico, nacional e mesmo internacional, contaron coa participación de representantes universitarios das universidades de Oviedo e da Politécnica de Valencia.

 

Os representantes da Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñarías Agroforestais de España (Seiaf) que visitaron estes días a sede universitaria luguesa aproveitaron a súa estadía no Campus Terra da USC para trasladar ás autoridades académicas o seu descontento coas taxas de matrícula nos másters habilitantes a profesións reguladas impartidos no Sistema Universitario Galego, razón pola que avanzaron a vontade da Seiaf de solicitar á Xunta de Galicia a equiparación dos prezos desta formación de posgrao aos dos estudos de grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.