A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra celebra o 1 de xuño o Día Internacional do Leite cunha cata de queixos galegos
O Campus Terra da USC acolle o vindeiro venres 1 de xuño, na súa Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA), a celebración do Día Internacional do Leite no que os e as asistentes poderán gozar dunha degustación de queixos galegos.
A xornada comezará a partir 9.30h, cando alumnado dos colexios C.P.R. La Milagrosa de Lugo e C.P.I. Luis Díaz Moreno de Baralla visiten as instalacións da APLTA e participen en obradoiros sobre a elaboración de queixos e iogur. Ademais, o alumnado asistirá a unha charla que xirará en torno á importancia do consumo de produtos lácteos e poderá participar nunha cata hedónica dos mesmos.
Xa en quenda de tarde, todas as persoas interesadas que previamente se inscriban no enderezo electrónico comunicacion [at] aplta.es (comunicacion[at]aplta[dot]es), poderán asistir na aula, a partir das 16.30h, a unha degustación de queixos galegos comentada polos seus propios fabricantes, así como a unha charla sobre a actividade da APLTA e a unha visita guiada polas zonas de fabricación e laboratorio. A entrada é de balde pero as prazas son limitadas. Pode obterse máis información no teléfono 600942343.