Ir o contido principal

A Aula de Teatro do Campus Terra celebra o 30 de novembro unha clase aberta a todo o público interesado

El Aula de Teatro del Campus Terra celebra el 30 de noviembre una clase abierta a todo el público interesado
El Aula de Teatro del Campus Terra celebra el 30 de noviembre una clase abierta a todo el público interesado
A Aula de Teatro do Campus Terra, dirixida por Paloma Lugilde, celebrará o vindeiro 30 de novembro unha sesión aberta a todo o público interesado na arte dramática e na súa posible incorporación ao...
Lugo

A Aula de Teatro do Campus Terra, dirixida por Paloma Lugilde, celebrará o vindeiro 30 de novembro unha sesión aberta a todo o público interesado na arte dramática e na súa posible incorporación ao elenco de actores que forman parte da compañía de teatro USC-Lugo.

 

A sesión desenvolverase a partir das 20.45 no local da Aula de Teatro e Danza do Campus Terra, sita na Facultade de Veterinaria, onde Paloma Lugilde guiará unha actividade plástica e de achegamento ao mundo da escena, ao tempo presentará ao público asistente as distintas accións que baralla desenvolver no marco desta aula universitaria.

 

As persoas interesadas en tomar parte nesta sesión aberta da Aula de Teatro do Campus Terra poden formalizar a súa inscrición de balde nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo. Tamén se pode obter máis información ao respecto desta iniciativa a través dos números de teléfono 982 821 513 ou 649 94 82 66.

 

Máis información no Xornal da USC 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.