Ir o contido principal

A Aula TIC PEMEs abre a inscrición para o obradoiro online “Impulsa a túa empresa en Internet: redes sociais e posicionamento web”

A Aula TIC PEMEs abre a inscrición para o obradoiro online “Impulsa a túa empresa en Internet: redes sociais e posicionamento web”
A Aula TIC PEMEs abre a inscrición para o obradoiro online “Impulsa a túa empresa en Internet: redes sociais e posicionamento web”
O obradoiro online ‘Impulsa a túa empresa en Internet: redes sociais e posicionamento web’ organizado pola Aula TIC PEMEs do Campus Terra da USC, un taller totalmente virtual e...
Lugo

O obradoiro online ‘Impulsa a túa empresa en Internet: redes sociais e posicionamento web’ organizado pola Aula TIC PEMEs do Campus Terra da USC, un taller totalmente virtual e con actividades prácticas que terá lugar entre os días 4 de febreiro e 20 de marzo de 2019, abre o seu prazo de inscrición ata o 3 de febreiro.

 

Con este curso online, cuxas prazas son limitadas, os e as participantes aprenderán a xestionar de forma exitosa as redes sociais Facebook, Twitter e Instagram, de xeito que a presenza da empresa nas mesmas incida de forma altamente positiva na imaxe e resultados a acadar. Trátase, polo tanto, dunha formación que capacita ao alumnado para desenvolver unhas tarefas de gran demanda actualmente no mercado laboral.

 

Do mesmo xeito, neste curso analizaranse as ferramentas necesarias para optimizar o posicionamiento SEO (Search Engine Optimization) dun sitio web, mellorando a visibilidade do mesmo nos resultados dos diferentes buscadores. O curso desenvolverase online a través dun espazo virtual habilitado para este fin no cal os participantes dispoñen dos materiais e da documentación necesarios para a execución do curso.

 

Cada participante conta cun titor persoal que supervisará de forma pormenorizada a súa evolución e solucionará todas as súas dúbidas. Esta actividade está dirixida principalmente a PEMES e autónomos, se ben pode ser realizado por calquera persoa maior de 16 anos.

 

O prezo xeral da inscrición é de 90€. Porén, calquera persoa vinculada no presente ou pasado coa USC (persoal, estudantes, investigadores, etc.) só pagará 50€. Ademais, a Aula TIC PEMEs conta con descontos especiais para grupos e actualmente estase a sortear unha praza gratis no seu perfil oficial en Facebook. Para inscribirse, é necesario cubrir o seguinte formulario.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.