Ir o contido principal

A Aula TIC Pemes da USC organiza en xuño un taller virtual sobre xestión de relacións con clientes baseado en software libre

El Aula TIC Pemes de la USC organiza en junio un taller virtual sobre gestión de relaciones con clientes basado en software libre
El Aula TIC Pemes de la USC organiza en junio un taller virtual sobre gestión de relaciones con clientes basado en software libre
A Aula TIC Pemes (ATP) da USC organiza unha nova edición do taller virtual sobre xestión de relacións con clientes (CRM) baseado na ferramenta de software libre VtigerCRM. Este programa formativo,...
Lugo

A Aula TIC Pemes (ATP) da USC organiza unha nova edición do taller virtual sobre xestión de relacións con clientes (CRM) baseado na ferramenta de software libre VtigerCRM. Este programa formativo, dirixido fundamentalmente a autónomos e pemes, está aberto á participación de maiores de 16 anos e desenvolverase desde o 2 de xuño ata o 12 de xullo.

 

Esta acción formativa, estruturada en 50 horas, desenvolverase en liña e presenta unha marcada orientación práctica. As persoas interesadas en participar neste obradoiro virtual poden formalizar a súa inscrición ata o 2 de xuño a través da web, na que deberán cumprimentar un formulario de matrícula.

 

O prezo xeral de inscrición é de 60 euros, aínda que as persoas que garden algún tipo de vinculación coa USC poderán beneficiarse dun desconto do 50% nas taxas de matrícula. Asemade, a organización desta actividade formativa tamén contempla descontos de seis euros nas matrículas de grupo de cinco ou máis persoas. Unha vez rematado o período formativo, as persoas inscritas recibirán un certificado acreditativo emitido pola Aula TIC Pemes da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.