Ir o contido principal

A Aula TIC-Pemes do Campus Terra da USC forma en competencias informáticas básicas a mulleres en risco de exclusión social

El Aula TIC-Pymes del Campus Terra de la USC forma en competencias informáticas básicas a mujeres en riesgo de exclusión social
El Aula TIC-Pymes del Campus Terra de la USC forma en competencias informáticas básicas a mujeres en riesgo de exclusión social
A educación e a formación constitúen dous dos mecanismos máis eficaces na loita a prol da integración social e as novas tecnoloxías supoñen unha ferramenta que tamén pode resultar moi útil tanto na...
Lugo

A educación e a formación constitúen dous dos mecanismos máis eficaces na loita a prol da integración social e as novas tecnoloxías supoñen unha ferramenta que tamén pode resultar moi útil tanto na procura de novas oportunidades como para mitigar riscos ou evitar situacións de exclusión.

 

As posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) neste eido son múltiples, como o proba o proxecto de voluntariado ‘Tecendo futuro’, que veñen de completar a Aula TIC-Pemes do Campus Terra da USC en colaboración coa asociación Aliad Ultreia.

 

As voluntarias da Aula TIC-Pemes da USC María Ramil e María Sánchez aproveitaron o desenvolvemento do proxecto ‘Tecendo futuro’ para formar en competencias informáticas básicas a un grupo de mulleres que se atopan en risco de exclusión social.

 

As diversas sesións formativas programadas no marco desta iniciativa de voluntariado da aula TIC-Pemes da USC desenvolvéronse nas dependencias de Aliad, situadas na Rúa Milagrosa de Lugo, onde todas as mulleres participantes neste proxecto tiveron a oportunidade de familiarizarse coas novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.