Ir o contido principal

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra acolle o 17 de outubro unha xornada de formación presencial en Scopus

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra acolle o 17 de outubro unha xornada de formación presencial en Scopus
A Biblioteca Intercentros do Campus Terra acolle o 17 de outubro unha xornada de formación presencial en Scopus
A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología organiza unha xornada de formación presencial en SCOPUS que terá lugar na Biblioteca Intercentros do Campus Terra de Lugo o día 17 de outubro de...
Lugo

A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología organiza unha xornada de formación presencial en SCOPUS que terá lugar na Biblioteca Intercentros do Campus Terra de Lugo o día 17 de outubro de 10.00 a 13.00 horas.

 

Para poder asistir, é preciso inscribirse a través desta páxina web introducindo os datos persoais de cada participante. Ao remate da formación, facilitarase un certificado de asistencia. Os e as participantes poderán descargar o material preciso para a formación neste enlace.

 

SCOPUS é unha base de datos propiedade da empresa Elsevier que contén 18.000 revistas publicadas por máis de 5000 editores internacionais. Ten unha cobertura desde 1996 e inclúe patentes e web sites integradas, así como dúas métricas de factor de impacto da investigación como son Scimago Journal Rank (SCR)  e SNIP (Source-normalized impact Paper) da Universidade de Leyden.

 

O obxectivo deste tipo de xornadas de formación impulsadas pola FECYT é facer chegar aos usuarios os novos contidos das bases de datos, así como presentar as novidades que foron introducidas ao longo dos últimos meses e satisfacer as dúbidas que xurdisen entre bibliotecarios, investigadores e demais usuarios. Estas sesións de formación son de carácter aberto e gratuíto para todos os centros subscritores das bases de datos, tal e como sucede coa USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.