Ir o contido principal

A Casa do Saber acolle este venres unha charla concerto de presentación das composicións para piano de Xoán Montes

La Casa do Saber acoge este viernes una charla concierto de presentación de las composiciones para piano de Xoán Montes
La Casa do Saber acoge este viernes una charla concierto de presentación de las composiciones para piano de Xoán Montes
O auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC acubillará este venres, a partir das 20.00 horas, a charla-concerto de presentación do volume ‘Obras para piano so’, do compositor lugués Xoán...
Lugo

O auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC acubillará este venres, a partir das 20.00 horas, a charla-concerto de presentación do volume ‘Obras para piano so’, do compositor lugués Xoán Montes Capón, unha obra co editada por Dos Acordes e pola Axencia Galega das Industrias Culturais na colección Ars Gallaeciae Musicae.

 

Esta sesión, e acceso gratuíto e entrada libre para todo o público interesado, contará cunha contextualización a cargo dos profesores Villanueva e Trillo e rematará cun pequeno recital a cargo do pianista estradense Javier Otero Neira.

 

O programa do recital que ofrecerá Otero Neira inclúe cinco composicións do lugués Xoán Montes, ademais doutras pezas, tamén para piano, compostas por José Baldomir e Marcial de Torres Adalid, contemporáneos do músico lugués, considerado como un dos máximos expoñentes do rexurdir musical galego.

 

Un referente do rexurdir musical galego

Xoán Montes Capón (1840-1899) é, xunto con Marcial del Adalid e Pascual Veiga, un dos máximos expoñentes do rexurdir musical galego. A súa obra, máis popularizada polas súas baladas a partir de poemas galegos (como ‘Negra Sombra’, ‘Doce sono’ ou ‘As lixeiras anduriñas’), inclúe un importante volume de composicións relixiosas, corais, orquestrais e pianísticas aínda escasamente coñecidas mesmo entre o público galego. 

 

Con este volume –o número 30 da serie Agra Vella dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, na que viron a luz obras de Gaos, de Gustavo Freire, de Manuel Quiroga, e do mestre de capela compostelán José Vaquedano, entre outros– a Xunta de Galicia pretende contribuír á difusión da obra para piano e harmonio deste compositor lugués, maioritariamente aires bailables característicos do seu tempo, co obxectivo de facilitar a súa incorporación aos repertorios dos intérpretes actuais e de promover un maior coñecemento do patrimonio histórico musical de Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.