Ir o contido principal

A Cidade da Cultura acolle o 22 de marzo a presentación da primeira aceleradora galega do sector da alimentación

A Cidade da Cultura acolle o 22 de marzo a presentación da primeira aceleradora galega do sector da alimentación
A Cidade da Cultura acolle o 22 de marzo a presentación da primeira aceleradora galega do sector da alimentación
A Xunta de Galicia, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), presenta a Business Factory Food (BFFood), a primeira aceleradora galega do sector da alimentación, este 22...
Lugo

A Xunta de Galicia, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), presenta a Business Factory Food (BFFood), a primeira aceleradora galega do sector da alimentación, este 22 de marzo de 2019 ás 10.00 h. no edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

 

Os participantes no acto terán a oportunidade de coñecer de primeira man o programa e os obxectivos da primeria edición da aceleradora que se pon en marcha. Ademais, poderán asistir a unha mesa redonda na que expertos e directivos de empresas galegas alimentarias abordarán os retos que afronta o sector na actualidade, especialmente os relativos á incorporación á Industria 4.0.

 

A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e CLUSAGA, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Nuñez. Ademais, participan tamén as tres universidades galegas, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación FEUGA.

 

Inscríbete na xornada

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.