Ir o contido principal

A compañía de teatro USC-Lugo colleita éxitos con ‘WK’ no Festival Nacional Universitario de Toledo e na Miteu de Ourense

La compañía de teatro USC-Lugo cosecha éxitos con ‘WK’ en el marco del Festival Nacional Universitario de Toledo y en la Miteu de Ourense
La compañía de teatro USC-Lugo cosecha éxitos con ‘WK’ en el marco del Festival Nacional Universitario de Toledo y en la Miteu de Ourense
A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe, ‘WK’, un estudo teatral sobre a obra Woyzeck de Georg Büchner baixo a estética do teatro da morte do director de escena polaco Tadeusz...
Lugo

A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe, ‘WK’, un estudo teatral sobre a obra Woyzeck de Georg Büchner baixo a estética do teatro da morte do director de escena polaco Tadeusz Kantor, está a reportar múltiples recoñecementos para a formación universitaria que dirixe Paloma Lugilde.

 

O último dos premios colleitados pola formación teatral do Campus Terra da USC chegou de Toledo, onde o elenco de actores dirixidos por Paloma Lugilde presentou este luns ‘WK’ no marco do Festival de Teatro Nacional Universitario. O xurado encargado de fallar os galardóns deste certame artístico acordou distinguir á compañía luguesa cos premios a mellor elenco, mellor iluminación, mellor dirección e mellor espectáculo.

 

O rotundo éxito da compañía de teatro USC-Lugo en Toledo súmase ao recoñecemento unánime tamén outorgado polo xurado da vixésimo terceira edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, un festival no que a formación teatral luguesa tamén mereceu o Premio do Xurado coa representación da obra ‘WK’. A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo chegará ao seu fin o vindeiro domingo, día 6 de maio, en León.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.