A danza latina do Campus Terra da USC sae á rúa
O Espazo de Danza da USC no Campus Terra sae á rúa por primeira vez no marco da IV Semana da Danza Latina, que terá lugar en Lugo este venres 8 de xuño.
No fondo da Praza Maior e entre as...
No fondo da Praza Maior e entre as...
Lugo
O Espazo de Danza da USC no Campus Terra sae á rúa por primeira vez no marco da IV Semana da Danza Latina, que terá lugar en Lugo este venres 8 de xuño.
No fondo da Praza Maior e entre as 18.00 e 19.00h, celebrarase unha clase aberta de pasos básicos e libres de Merengue, Bachata e Conga para todo o público asistente dirixida polo profesor Miguel D.Herrera.
Finalmente, entre as 19.00 e as 21.00h terá lugar unha demostración por parte dos alumnos de Danza Latina da USC nos estilos Salsa, Cha-cha-chá, Rueda cubana e Conga.