Ir o contido principal

A directiva de Jealsa Rianxeira aborda este xoves na Facultade de Ade as particularidades da empresa familiar en Galicia

La directiva de Jealsa Rianxeira aborda este jueves en la Facultad de Ade las particularidades de la empresa familiar en Galicia
La directiva de Jealsa Rianxeira aborda este jueves en la Facultad de Ade las particularidades de la empresa familiar en Galicia
A directora de Comunicación da corporación empresarial Jealsa Rianxeira, Margarita Hermo Filgueira, ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e...
Lugo

A directora de Comunicación da corporación empresarial Jealsa Rianxeira, Margarita Hermo Filgueira, ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Ade) do Campus Terra da USC, o relatorio ‘A empresa familiar en Galicia’

 

Hermo Filgueira, que desde 2003 desenvolve as funcións de directora da Asociación Galega de Empresa Familiar, aproveitará este encontro con estudantes e profesores da Facultade de Ade para abordar algunhas das particularidades que presentan as empresas familiares en Galicia, así como doutras das singularidades do tecido empresarial galego.

 

O relatorio que ofrecerá Margarita Hermo Filgueira, especialista en relacións públicas e xestión de empresas familiares, encádrase no marco das actividades promovidas pola Cátedra de Empresa Familiar da USC, na actualidade dirixida pola decana da Facultade de Ade, Begoña Barreiro Fernández.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.