A directora da Cátedra do Pan e do Cereal participa no V Congreso Gastronómico Provincial de Valladolid e na V Semana Gastrocultural en As Neves (Pontevedra)
A catedrática da USC no Campus Terra, Ángeles Romero, participa este luns 18 de febreiro en dous prestixiosos foros gastronómicos aos que acude en representación da Cátedra do Pan e do Cereal, que ela mesma dirixe, e que alberga como finalidade a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e dos cereais.
Romero foi a persoa elixida para pronunciar o relatorio inaugural do V Congreso Gastronómico Provincial que se celebra en Mayorga (Valladolid) no que pronunciou unha conferencia que leva por título ‘Maridaxe e carta de pans. Ficción ou realidade?’. Nesta quinta edición o congreso céntrase na temática ‘Metidos en fariña’ a través da participación de profesionais de panadería e da pastelería, así como novos cociñeiros e cociñeiras de recoñecido prestixio.
Xa en quenda de tarde, Romero toma parte na V Semana Gastrocultural en As Neves (Pontevedra) centrada no eido do pan como elemento esencial da alimentación e da cultura galega.
A Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC e creada en 2016, conta co apoio do Grupo da Cunha, familia de panadeiros artesáns de Carral e fundado en 1986.