Ir o contido principal

A EPS de Enxeñaría abre a inscrición para unha xornada sobre o mercado transfronteirizo de intercambio de carbono

A EPS de Enxeñaría abre a inscrición para unha xornada sobre o mercado transfronteirizo de intercambio de carbono
A EPS de Enxeñaría abre a inscrición para unha xornada sobre o mercado transfronteirizo de intercambio de carbono
A sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra celebrará o sábado 6 de abril, de 10 a 14.00h, unha xornada que baixo o título ‘Compensación pegada de carbono’,...
Lugo

A sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra celebrará o sábado 6 de abril, de 10 a 14.00h, unha xornada que baixo o título ‘Compensación pegada de carbono’, analizará a posta en marcha dun mercado transfronteirizo de carbono no espazo de cooperación Galicia-Norte de Portugal (TROCO2).

 

Baixo a coordinación do profesor da EPSE, Guillermo Riesco, e impartida polo graduado enxeñeiro forestal, Ricardo Barrilero, a xornada permitirá a presentación do proxecto TROCO2 cuxo primordial obxectivo consiste en aumentar a eficiencia dos montes no espazo Galicia-Norte de Portugal para a mitigación do cambio climático. Esta meta pretende conseguirse en virtude do desenvolvemento e xestión da súa capacidade de secuestro de CO2, empregando o impulso da economía baixa en carbono no sector do transporte.

 

Ademais da posta en marcha dese mercado transfronteirizo, TROCO2 aspira a descubrir ante os diferentes axentes do sector forestal, os beneficios da ordenación do uso do solo e outros beneficios ambientais que supoñen transformar os montes en sumidoiros de carbono certificado. Asemade, preténdese descubrir ante os axentes do sector do transporte, os beneficios empresariais e medioambientais que supón certificar a pegada de carbono.

 

A inscrición na xornada pode realizarse de balde enviando nome, apelidos e datos de contacto ao enderezo electrónico guillermo.riesco [at] usc.es (guillermo[dot]riesco[at]usc[dot]es). A xornada abrirase cunha introdución á pegada de carbono, a continuación abordarase a súa vantaxe competitiva, a súa redución, compensación e cálculo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.