Ir o contido principal

A EPS de Enxeñaría celebra o Día da Terra cun acto institucional que serve para recoñecer o labor de Manuel Cruz Rodríguez

La EPS de Ingeniería celebra el Día de la Tierra con un acto institucional que sirve para reconocer la labor de Manuel Cruz Rodríguez
La EPS de Ingeniería celebra el Día de la Tierra con un acto institucional que sirve para reconocer la labor de Manuel Cruz Rodríguez
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará este xoves 19 de abril un acto institucional conmemorativo da celebración do Día da Terra, unha sesión que se desenvolverá...
Lugo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará este xoves 19 de abril un acto institucional conmemorativo da celebración do Día da Terra, unha sesión que se desenvolverá a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, e no marco da que se tributará un recoñecemento público ao traballo realizado a prol do sector agroforestal e gandeiro de Galicia por Manuel Cruz Rodríguez.

 

O director dos programas da TVG ‘Labranza’ e ‘O Agro’ abrirá esta sesión cun relatorio inicial, ao que seguirán as intervencións do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e do director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Tomás Cuesta.

 

A entrega dun certificado e placa conmemorativa a Manuel Cruz Rodríguez, en recoñecemento do labor en prol da difusión das actividades relacionadas cos sectores agrícola, gandeiro e forestal, servirá e colofón da celebración desta efeméride.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.