Ir o contido principal

A EPS do Campus Terra abre o II Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural

La EPS del Campus Terra abre el II Concurso de TFG sobre Ingeniería y Mujer Rural
La EPS del Campus Terra abre el II Concurso de TFG sobre Ingeniería y Mujer Rural
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC vén de lanzar a segunda edición do Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller  Rural, un certame que ten por obxecto premiar...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC vén de lanzar a segunda edición do Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller  Rural, un certame que ten por obxecto premiar aqueles traballos finais de calquera dos títulos de grao impartidos na EPS asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que contribúan a mellorar as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.

 

O certame está aberto á participación de todos os estudantes/as de calquera dos títulos de grao impartidos pola USC na EPS que defendan o seu TFG ao longo do curso 2016-2017. O prazo de inscrición neste concurso, que contempla a concesión de dous premios en metálico dotado con 200 euros para o traballo máis valorado en cada modalidade, permanecerá aberto ata o 26 de setembro de 2017.

 

O xurado encargado de fallar este concurso estará composto por persoas expertas na temática do concurso, preferentemente profesoras das titulacións impartidas na EPS. A súa composición publicarase no taboleiro de anuncios do centro. Os membros do tribunal avaliador valorarán o carácter innovador das propostas presentadas e a súa viabilidade, así como a súa calidade e a adecuación á temática que rexe o certame.

 

As persoas interesadas en tomar parte na segunda edición do Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller  Rural poden acceder a máis información e consultar as bases do certame a través da web http://www.usc.es/gl/centros/eps/index.html.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.