Ir o contido principal

A EPS do Campus Terra celebra o seu cincuentenario e os 50 anos de Enxeñaría Agrícola en Galicia pola festa de San Cidre

La EPS del Campus Terra celebra su cincuentenario y los 50 años de Ingeniería Agrícola en Galicia por la fiesta de San Cidre
La EPS del Campus Terra celebra su cincuentenario y los 50 años de Ingeniería Agrícola en Galicia por la fiesta de San Cidre
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrará este luns 15 de maio o cincuentenario das orixes deste centro universitario, así como o cumprimento do primeiro medio de século da...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrará este luns 15 de maio o cincuentenario das orixes deste centro universitario, así como o cumprimento do primeiro medio de século da implantación dos estudos universitarios de Enxeñaría Agrícola en Galicia, unha dobre efeméride á que se suma a festividade de San Cidre, patrón do centro.

 

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presidirá o acto conmemorativo deste efeméride, que se desenvolverá no salón de actos da EPS a partir das 12.00 horas, unha sesión na que participarán alumnos e docentes da primeira promoción e enxeñeiros/as agrícolas formados en Lugo, ademais de diversas autoridades académicas e políticas, entre as que cómpre citar a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e o deputado provincial Pablo Rivera Capón.

 

O presidente da Interprofesional Láctea (InLac), José Armando Tellado, ofrecerá no marco desta sesión un relatorio baixo o título ‘O futuro da industria alimentaria nun mercado global: o caso do sector lácteo’. O director da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Tomás Cuesta García; Julio Ulloa Vence, en representación do profesorado da primeira promoción da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, e Inés Vázquez Fernández, en calidade de voceira das primeiras promocións de alumnado do referido centro, tamén intervirán como relatores nesta sesión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.