Ir o contido principal

A EPS do Campus Terra celebrou o Día da Muller coa entrega de premios do concurso 'Enxeñaría e Muller Rural'

La EPS del Campus Terra celebró el Día de la Mujer con la entrega de premios del concurso 'Ingeniería y Mujer Rural'
La EPS del Campus Terra celebró el Día de la Mujer con la entrega de premios del concurso 'Ingeniería y Mujer Rural'
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrou este mércores un acto conmemorativo polo Día da Muller Traballadora coa entrega de premios da primeira edición do certame de traballos...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrou este mércores un acto conmemorativo polo Día da Muller Traballadora coa entrega de premios da primeira edición do certame de traballos fin de grao Enxeñaría e Muller Rural, uns galardóns que recaeron nos enxeñeiros Verónica Gómez Collazo e Alberto Santín Fernández e que contan co patrocinio de Proepla e Pathogen.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu a sesión, na que tamén interviñeron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a profesora da USC e presidenta da comisión xulgadora dos traballos, María Dolores Fernández Rodríguez, e a directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Inés Santé, que ofreceu un relatorio co gallo desta efeméride.

 

Obxecto do concurso e fallo do xurado

O I Concurso sobre Enxeñaría e Muller Rural, un certame convocado pola Escola Politécnica Superior coa pretensión de premiar aqueles Traballos Fin de Grao de Enxeñaría Agrícola asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural, acordou por unanimidade distinguir as propostas presentadas por Verónica Gómez Collazo e Alberto Santín Fernández.

 

A “orixinalidade e factibilidade” do traballo ‘Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental-Ampliación de Explotación de Porcino’ de Verónica Gómez foron dúas das características máis valoradas pola comisión xulgadora á hora de concederlle o premio.

 

Os membros do xurado tamén coincidiron en resaltar a contribución á mellora das condicións laborais da propietaria da explotación á que se fai referencia no Traballo Fin de Grao desenvolvido por Alberto Santín Fernández baixo o título ‘Ampliación e reforma dunha explotación de vacún de carne en réxime semiextensivo no lugar de A Carqueixeda, Samos, Lugo’.

 

Os dous gañadores da primeira edición deste concurso, unha iniciativa promovida pola EPS a iniciativa da comisión do título do grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, recibiron cadansúa gratificación en metálico de 200 euros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.