Ir o contido principal

A EPS do Campus Terra pecha este venres o ciclo sobre o sector forestal cun foro de debate sobre a industria do sector

La EPS del Campus Terra cierra este viernes el ciclo sobre el sector forestal con un foro de debate sobre la industria del sector
La EPS del Campus Terra cierra este viernes el ciclo sobre el sector forestal con un foro de debate sobre la industria del sector
Un foro de debate sobre a industria forestal pecha este venres, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, o ciclo de conferencias sobre...
Lugo

Un foro de debate sobre a industria forestal pecha este venres, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, o ciclo de conferencias sobre temática forestal promovido polo profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Pablo Vila Lameiro co gallo da celebración dos 25 anos da implantación da titulación de  Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia.

 

O director de Ordenación Forestal, Enerxía e Celulosa do Grupo Ence, Alejandro Oliveros García, abrirá a quenda de intervencións programadas nesta sesión, que estará moderada por Pablo Vila Lameiro e na que tamén participarán como relatores Ana Oróns Mata, secretaria de Confemadera Hábitat Galicia, e o enxeñeiro de Montes Jesús Sánchez Rocha.

 

Este coloquio servirá de colofón do ciclo de conferencias sobre o sector forestal desenvolvido ao longo do último mes na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e no marco do que distintos relatores trataron asuntos relativos á sanidade vexetal, paisaxismo, ordenación do territorio e industria forestal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.