Ir o contido principal

A EPS do Campus Terra recibe a medio centenar de alumnos de Secundaria e Bacharelato co gallo da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía

La EPS del Campus Terra recibe a medio centenar de alumnos de Secundaria y Bachillerato en el marco de la VIII Olimpiada Gallega de Geología
La EPS del Campus Terra recibe a medio centenar de alumnos de Secundaria y Bachillerato en el marco de la VIII Olimpiada Gallega de Geología
Máis de medio centenar de estudantes de secundaria e Bacharelato formalizaron a súa inscrición para participar este mércores nas probas da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía que terán lugar na Escola...
Lugo

Máis de medio centenar de estudantes de secundaria e Bacharelato formalizaron a súa inscrición para participar este mércores nas probas da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía que terán lugar na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, un certame promovido a nivel nacional pola Asociación Española para o Ensino de Ciencias da Terra (AEPCET) en colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

 

As probas deste certame programadas no Campus Terra da USC desenvolveranse, a partir das 11:30 horas, cando terá lugar a recepción dos participantes na EPS. Ás 12:00 celebrarase a proba teórica por grupos e ás 15:00 horas, a proba teórica individual. Ademais, antes da entrega de diplomas, os asistentes recibirán información sobre a EPS e realizarán unha visita guiada polas súas instalación. Os catro institutos participantes son o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e o IES Xoán Montes de Lugo, así como o IES María Sarmiento de Viveiro e o IES Gregorio Fernández de Sarria.

 

A VIII Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade na que en Galicia colabora de xeito activo a USC a través do seu Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, pretende fomentar o interese do estudantado preuniversitairo polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra, ao tempo que busca animar aos participantes a orientar o seu futuro universitario cara a este eido, ademais de sensibilizar sobre a importancia da preservación do medio natural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.