A EPS inicia unha nova rolda de visitas por centros de Secundaria e Formación Profesional
O mércores 15, no CIFP Someso de A Coruña,...
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra continúa coa presentación dos seus títulos entre o alumnado de Secundaria e Formación Profesional.
O mércores 15, no CIFP Someso de A Coruña, docentes da EPS darán a coñecer as titulacións de Enxeñaría Civil, así como Xeomática e Topografía. O venres 17 será a quenda do IES Politécnico de Vigo.
O grao en enxeñaría agrícola e agroalimentaria, así como o dobre grao con forestal, será presentado o xoves 16 no CFEA de Sergude en Boqueixón, e o CIFP de Coroso en Ribeira.
Finalmente, o grao en enxeñaría forestal darase a coñecer o vindeiro martes 14 no IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.
Con esta acción de promoción, a EPS pretende solventar as dúbidas do futuro alumnado no tocante ao contido e saídas profesionais dos seus títulos, así como salientar o seu alto nivel de inserción laboral.