A EPSE do Campus Terra acolleu o acto de graduación da novena promoción do Máster en Dirección de Proxectos
A Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu este venres o acto de graduación da novena promoción do Máster en Dirección de Proxectos e a entrega dos premios ‘Carlos Álvarez’ aos mellores Traballos Fin de Máster do ano académico 2015-2016.
Diego Fernández Alonso obtivo o premio ‘Carlos Álvarez’ ao mellor TFM polo traballo “Método de Xestión de Persoal asignado a Proxectos fóra de Oficina”, galardoado con 100 euros. O segundo premio foi para Jessenia Katherine Flores Castro e Miguel Ángel Llopis polo traballo “Instrumentos de aplicación a xestión de proxectos”. Finalmente, Pablo Gallardo Núñez e o seu traballo “Pista cuberta de atletismo no municipio de Sada” obtivo un accésit.
O vicerreitor de coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; o director da EPSE, Tomás Cuesta; o coordinador do máster, Carlos Amiama; o secretario da asociación de antigos alumnos do máster, Emilio Díaz Varela; e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, presidiron o acto de graduación e a entrega de galardóns.