Ir o contido principal

A Facultade de ADE e a Estación Científica do Courel acollen desde o luns dous novos cursos da Universidade de Verán da USC

La Facultad de ADE y la Estación Científica de O Courel acogen desde el lunes dos nuevos cursos de la Universidad de Verano de la USC
La Facultad de ADE y la Estación Científica de O Courel acogen desde el lunes dos nuevos cursos de la Universidad de Verano de la USC
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra e a Estación Científica do Courel acollerán o luns 18 de xullo a inauguración de dous novos programas formativos e de divulgación...
Lugo

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra e a Estación Científica do Courel acollerán o luns 18 de xullo a inauguración de dous novos programas formativos e de divulgación incluídos na Universidade de Verán 2016 da USC cuxa temática versará sobre a empresa familiar e sobre a incidencia económica, cultural e ecolóxica dos soutos de castiñeiros da serra do Courel.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, inaugurará o luns, ás 10.00 horas, no salón de graos da Facultade de ADE do Campus Terra da USC, o curso ‘A empresa familiar’, no marco dun acto no que tamén intervirán o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; o vicedecano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Fernando Losada, e a directiva de Jealsa Rianxeira Margarita Hermo, en representación da Asociación Galega da Empresa Familiar.

 

A Estación Científica do Courel, con sede en Seoane do Courel, acubillará desde o luns unha nova edición do curso ‘Os soutos de castiñeiros na serra do Courel e a súa importancia económica, ecolóxica e cultural’, un programa dirixido polo catedrático da USC Antonio Rigueiro e que está estruturado en catro xornadas, en quenda de mañá e tarde.

 

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, inaugurará o luns, ás 9.30 horas, o programa estival da USC sobre soutos de castiñeiros no Courel, no marco dun acto de apertura no que tamén intervirán a alcaldesa do Courel, Dolores Castro, e o director do curso, Antonio Rigueiro Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.