Ir o contido principal

A formación de posgrao e as alternativas de inserción laboral de profesionais de Enfermaría, a análise nunha xornada no Campus Terra

La formación de postgrado y las alternativas de inserción laboral de profesionales de Enfermería, objeto de análisis en una jornada en el Campus Terra
La formación de postgrado y las alternativas de inserción laboral de profesionales de Enfermería, objeto de análisis en una jornada en el Campus Terra
A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias de posgrao e orientación laboral...
Lugo

A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias de posgrao e orientación laboral organizadas este luns na Escola Universitaria de Enfermaría do Campus Terra e na que participan máis de medio centenar de titulados e estudantes de último curso de grao.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, que participou na apertura deste foro xunto coa directora da Escola Universitaria de Enfermaría do campus lugués, María Asunción Núñez Magdalena, destacou na súa intervención o alto nivel de empregabilidade dos enfermeiros/as egresados/as da sede universitaria luguesa, onde estudantes e titulados teñen á súa disposición un servizo de orientación e inserción laboral, lembrou.

 

Logo do acto de apertura, o técnico da rama xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Manuel Gómez López, abriu a quenda de intervencións deste foro cun relatorio sobre a inserción laboral dos enfermeiros no ámbito público.

 

As axudas para actividades de posgrao da USC centraron a intervención de Ramón Mazoy Fernández, técnico da área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC. A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, tamén tomou a palabra neste foro para abordar cuestións relativas á colexiación dos profesionais da enfermaría, mentres que  Modesto García Fernández, da Subdelegación de Defensa, e Javier Mato González, enfermeiro e tenente reservista, pecharon a quenda de intervencións desta xornada cunha charla sobre enfermaría militar.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.