Ir o contido principal

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza no Campus Terra da USC un obradoiro de elaboración de xabón con aceite usado

La Oficina de Desarrollo Sostenible organiza en el Campus Terra de la USC un  taller de elaboración de jabón con aceite usado
La Oficina de Desarrollo Sostenible organiza en el Campus Terra de la USC un taller de elaboración de jabón con aceite usado
O xoves 1 de decembro, no Campus Terra da USC, a Oficina de Desenvolvemento Sostible organizará un obradoiro de elaboración de xabón con aceite. O obxectivo é aprender a reutilizar o aceite de cociña...
Lugo

O xoves 1 de decembro, no Campus Terra da USC, a Oficina de Desenvolvemento Sostible organizará un obradoiro de elaboración de xabón con aceite. O obxectivo é aprender a reutilizar o aceite de cociña usado elaborando xabóns artesanais para o coidado da hixiene persoal de xeito que, ademais de xerar un aforro económico, se promoven condutas respectuosas co ambiente. Segundo estudos ambientais, un litro de aceite usado que se desbota pode chegar a contaminar 1.000 litros de auga, xa que cando entra en contacto con este elemento crea unha capa fina que evita a súa osixenación e causa a destrución do ecosistema.

 

No obradoiro aprenderase a facer xabón tanto con aceite usado como con outras dúas variedades con aceite de oliva, para así realizar xabóns de chocolate e café e de manteiga de karité. O curso impartirase o xoves 1 de decembro de 17.00 a 19.30 horas na Facultade de Formación do Profesorado.

 

As persoas interesadas poden realizar a inscrición enviando un correo cos seus datos á Oficina de Desenvolvemento Sostible (plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es)).

 

Máis información no Xornal da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.