Ir o contido principal

A segunda edición do certame audiovisual ‘Findecurta’ bota a andar este venres na Casa do Saber cunha sesión informativa

La segunda edición del certamen audiovisual ‘Findecurta’ echa a andar este viernes en la Casa do Saber con una sesión informativa
La segunda edición del certamen audiovisual ‘Findecurta’ echa a andar este viernes en la Casa do Saber con una sesión informativa
A área de Cultura do Campus Terra da USC celebra este venres, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber de Lugo, unha sesión informativa cos doce equipos que formalizaron a súa inscrición para...
Lugo

A área de Cultura do Campus Terra da USC celebra este venres, a partir das 20.30 horas, na Casa do Saber de Lugo, unha sesión informativa cos doce equipos que formalizaron a súa inscrición para participar na segunda edición do maratón de curtametraxes 'Findecurta', unha iniciativa artística organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación e Concello de Lugo, e a través do que se pretende contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega.

 

A segunda edición do maratón cinematogáfico 'Findecurta' desenvolverase ao longo da próxima fin de semana e os equipos inscritos nesta convocatoria poderán presentar de xeito presencial, nas dependencias das oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, ou en liña, as súas respectivas creacións antes das 10.30 horas do luns 3 de abril de 2017, segundo se recolle nas bases do certame, que están accesibles no portal www.lugocultural.es.

 

Sesión informativa previa

Os representantes de equipos ou participantes individuais que participen este venres na sesión informativa previa do segundo ‘Findecurta’ deben ir provistos do seu D.N.I. ou documento acreditativo.  Os organizadores asignarán a cada participante unha serie de elementos que deben formar parte da curtametraxe: un lugar, unha personaxe, un obxecto, que deberán aparecer na pantalla, e unha frase (liña de diálogo), que pode ser utilizada textualmente en voz falada, cantada ou incluso escrita.

 

O xénero da curtametraxe escollerase para cada grupo nun sorteo ao azar que se realizará durante a sesión informativa. Os temas propostos son aventuras e acción, comedia, terror, drama, musical, mudo, road movie, romántico, ciencia ficción, western, artes marciais, extraterrestres, detective/policíaco, bélico, misterio, peixe fóra da auga, superheroes ou zombies. Os equipos terán a opción de rexeitar o xénero seleccionado no sorteo e cambialo por un comodín.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.