Ir o contido principal

A Sociedade Española de Ciencias Forestais premia un traballo sobre grandes incendios da enxeñeira de Montes Cecilia Alonso

La Sociedad Española de Ciencias Forestales premia un trabajo sobre grandes incendios de la ingeniera de Montes Cecilia Alonso
La Sociedad Española de Ciencias Forestales premia un trabajo sobre grandes incendios de la ingeniera de Montes Cecilia Alonso
A enxeñeira de Montes egresada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e integrante do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) vén de ser...
Lugo

A enxeñeira de Montes egresada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e integrante do grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) vén de ser distinguida cun accésit na última convocatoria dos Premios Universitarios Sociedade Española de Ciencias Forestais (SCEF) ao mellor Traballo Fin de Máster Oficial por un estudo sobre os grandes lumes forestais rexistrados entre 2006 e 2016 no distrito forestal Verín-Viana.

 

 

O traballo de fin de máster realizado por Cecilia Alonso e dirixido polos profesores da EPS de Enxeñaría de Lugo Ana Daría Ruiz González e Stéfano Arellano Pérez, desenvólvese baixo o título ‘ Avaliación e cartografado da severidade dos grandes lumes ocorridos no distrito forestal XIV (Verín-Viana) entre 2006 e 2016’, unha investigación na que a autora analizou e estudou a severidade do lume cos índices de teledetección dNBR e RdNBR de 36 incendios forestais de máis de 200 hectáreas coas imaxes do satélite Landsat.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.