Ir o contido principal

A Universidade de Santiago de Chile afonda na docencia semipresencial impartida no Campus Terra

A Universidade de Santiago de Chile afonda na docencia semipresencial impartida no Campus Terra
A Universidade de Santiago de Chile afonda na docencia semipresencial impartida no Campus Terra
Os profesores e investigadores da Universidad de Santiago de Chile, Daniel Ríos Muñoz e Saúl Contreras Palma, ambos os dous pertencentes ao Departamento de Educación, visitaron o Campus Terra de Lugo...
Lugo

Os profesores e investigadores da Universidad de Santiago de Chile, Daniel Ríos Muñoz e Saúl Contreras Palma, ambos os dous pertencentes ao Departamento de Educación, visitaron o Campus Terra de Lugo para coñecer de primeira man as titulacións que se imparten neste campus da USC a través da modalidade semipresencial.

 

Ríos e Contreras visitaron a Facultade de Formación do Profesorado onde foron recibidos polas profesoras Carmen Sarceda e Mari Carmen Caldeiro. Neste encontro, os investigadores chilenos puideron coñecer a organización e funcionamento do Curso de Especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do Profesorado Técnico de FP, que se ben conta con sesións presenciais, na súa maior parte desenvólvese de forma online a través dunha plataforma propia.

 

Os investigadores chilenos tamén visitaron a Facultade de Humanidades, onde foron recibidos pola profesora e coordinadora do mestrado en Servizos Culturais, tamén impartido de modo semipresencial, Carme Silva. Unha vez alí, os docentes puideron visitar o Estudio e-Terra, que proporciona apoio técnico á docencia universitaria non presencia. O persoal do estudio ofrece asesoramento técnico (non pedagóxico) para a elaboración de materiais dirixidos ás aulas virtuais. Os profesores agardan poder empregar esta experiencia no contexto chileno onde comezan a introducirse as novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación na docencia online universitaria. Ríos e Contreras procuran tamén establecer convenios que permitan desenvolver traballos colaborativos entre as universidades de ambos os dous países.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.