Ir o contido principal

A universidade exipcia de Assiut estreita ligazóns e explora posibles liñas de colaboración co Campus Terra da USC

La universidad egipcia de Assiut estrecha lazos y explora posibles líneas de colaboración con el Campus Terra de la USC
La universidad egipcia de Assiut estrecha lazos y explora posibles líneas de colaboración con el Campus Terra de la USC
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, ofreceu unha recepción institucional ao reitor da universidade exipcia de Assiut, Admes A. Geies. A universidade Assiut, unha...
Lugo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, ofreceu unha recepción institucional ao reitor da universidade exipcia de Assiut, Admes A. Geies. A universidade Assiut, unha institución académica localizada na cidade homónima da rexión do Alto Exipto, está estruturada en 16 facultades, algunhas orientadas a estudos de Veterinaria, Agricultura ou Ciencias, e diversos institutos de investigación.

 

O reitor Admes A. Geies aproveitou a súa estadía no Campus Terra da USC para facer unha presentación da súa universidade de procedencia, na que, segundo indicou, están abertas liñas de traballo en ámbitos afíns a programas e proxectos de I+D+i desenvolvidos por investigadores dos centros universitarios do Campus Terra da USC.

 

A recepción institucional ofrecida por Javier Bueno ao reitor exipcio constitúe o primeiro achegamento formal entre a universidade de Assiut e a USC, ao tempo que deixa as portas abertas á posibilidade de establecer liñas de colaboración entre as dúas institucións académicas.

 

O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha, e a investigadora da universidade exipcia Dina Fouad, que está a completar unha estadía na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC a través dun programa Eramus Mundus de mobilidade internacional KA-1007, tamén participaron nesta recepción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.