A USC analiza en Mondoñedo os vínculos entre Educación e Natureza
Dende este mércores, o Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo acolle un novo curso da Universidade de Verán da USC baixo o título “A educación na natureza e as intervencións asistidas con...
Lugo
Dende este mércores, o Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo acolle un novo curso da Universidade de Verán da USC baixo o título “A educación na natureza e as intervencións asistidas con animais”, dirixido pola profesora da USC, María Lina Iglesias. Na sesión inaugural estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o relatorio que abriu o curso correu a cargo do profesor da USC, Uxío Otero Urtaza. Neste curso, presentaranse proxectos innovadores de educación na natureza en Galicia e coñecerase, de primeira man, como se traballa en intervencións educativas con cans.