Ir o contido principal

A USC celebra no seu Campus Terra o Día internacional das Mulleres

La USC celebra en su Campus Terra el Día internacional de las Mujeres
La USC celebra en su Campus Terra el Día internacional de las Mujeres
O Campus Terra acolle este mércores 7 de marzo a celebración que do Día Internacional das Mulleres leva a cabo cada ano a Universidade de Santiago de Compostela a través dun acto que terá lugar no...
Lugo

O Campus Terra acolle este mércores 7 de marzo a celebración que do Día Internacional das Mulleres leva a cabo cada ano a Universidade de Santiago de Compostela a través dun acto que terá lugar no auditorio da Casa do Saber de Lugo e que servirá de recoñecemento á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría pola súa traxectoria a prol da igualdade de oportunidades da USC.

 

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, será a encargada de guiar este acto, no que tamén intervirán a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto, e a directora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo.

 

Unha intervención teatral a cargo de María Peinó e Teresa Fraga, dúas actrices da compañía de teatro USC-Lugo, que interpretarán un fragmento da peza ‘Km526’ na que representan a Juana Capdevielle e María Zambrano, servirá de apertura do acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Mulleres. O Espazo de Danza da USC pechará a sesión coa posta en escena da peza ‘Pulsos’, unha coreografía de Rosa Acuña e con Vicente Ávila, Sara Domingo, Sonia L. Pumarega e Álvaro Rodríguez como intérpretes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.