Ir o contido principal

A USC en Lugo recibe a 254 estudantes preuniversitarios nunha nova edición dos ‘Encontros no Campus Terra’

La USC en Lugo recibe a 254 estudiantes preuniversitarios en una nueva edición de los ‘Encuentros en el Campus Terra’
La USC en Lugo recibe a 254 estudiantes preuniversitarios en una nueva edición de los ‘Encuentros en el Campus Terra’

 
O Salón de Actos da Facultade de Ciencias acolleu este xoves a primeira edición de 2018 dos ‘Encontros no Campus Terra’, un programa de visitas organizado polo coordinador do ‘Programa A...
Lugo

 

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias acolleu este xoves a primeira edición de 2018 dos ‘Encontros no Campus Terra’, un programa de visitas organizado polo coordinador do ‘Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, Francisco Javier López, e a través do cal 254 estudantes de Ensino Medio de sete centros galegos puideron coñecer as facultades e escolas que integran o campus, así como a súa oferta académica.



O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, foi o encargado de dar a benvida a este alumnado preuniversitario para que, a continuación, o actual alumnado do campus lucense puidese compartir cos e cas asistentes a súa experiencia como estudantes na cidade de Lugo, así como responder as dúbidas dos mozos e mozas visitantes. Ademais, os e as asistentes foron agasallados cun caderno e bolígrafo do Campus Terra, así como co díptico que contén a totalidade da oferta académica.

 



Tralo acto de presentación, o alumando procedente do CPI Dos Dices de Rois, IES Pedregal de Irimia, IES María Sarmiento de Viveiro, CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, CPR Franciscanos, CPR San José e CIFP As Mercedes, os tres situados en Lugo, distribuíronse, de acordo coas preferencias dos mozos e mozas, en distintos itinerarios para coñecer os centros que integran o Campus Terra da USC. Finalmente, o alumnado visitante puido gozar dunha visita guiada pola Biblioteca Intercentros, a excepción dos mozos e mozas que elixiron o itinerario da Facultade de Formación do Profesorado, os cales puideron visitar a biblioteca propia do centro.

 



‘O Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ en Lugo ten previsto organizar outras dúas novas sesións dos ‘Encontros no Campus Terra’ o venres 23 de marzo e o martes 24 de abril, nos que se agarda recibir a uns 800 alumnos e alumnas preuniversitarias. En total, a través desta iniciativa, prevese que máis de 1000 mozos e mozas de Ensino Medio en Galicia visiten o Campus Terra ao longo de 2018.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.