Ir o contido principal

A USC entrega 91 bicicletas en préstamo a estudantes, docentes, investigadores e demais personal do Campus Terra

La USC entrega 91 bicicletas en préstamo a estudiantes, docentes, investigadores y demás personal del Campus Terra
La USC entrega 91 bicicletas en préstamo a estudiantes, docentes, investigadores y demás personal del Campus Terra
A USC completou este xoves no Campus Terra o programa de préstamo de bicicletas para o presente curso académico coa entrega de máis de 90 ciclos ás persoas que os solicitaron. Os beneficiarios deste...
Lugo

A USC completou este xoves no Campus Terra o programa de préstamo de bicicletas para o presente curso académico coa entrega de máis de 90 ciclos ás persoas que os solicitaron. Os beneficiarios deste programa de préstamo comezaron xa a circular coas súas bicicletas polo campus lugués antes do mediodía, cando unha estudante de Veterinaria e outra alumna do grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, formalizaron a recepción das bicicletas.

 

A entrega das bicicletas solicitadas no Campus Terra a través do programa do préstamo da USC concéntrase durante toda a xornada deste xoves. De feito, diversos voluntarios da sede universitaria luguesa atenden en quenda de mañá e tarde os beneficiarios deste programa de préstamo, xestionado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible e que segue a manter alto grao de éxito once anos despois da súa posta en marcha.

 

A elevada demanda rexistrada neste nova edición do programa de préstamo de bicis na USC obrigou a abrir listas de agarda nos campus de Compostela e de Lugo, nos que o número de solicitantes é superior ao das bicicletas ofertadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.