Ir o contido principal

A USC favorece no seu Campus Terra a corresponsabilidade no fogar entre mulleres e homes a través do programa ‘Corresponsabilízate!’

La USC favorece en su Campus Terra la corresponsabilidad en el hogar entre mujeres y hombres a través del programa ‘Corresponsabilízate!’
La USC favorece en su Campus Terra la corresponsabilidad en el hogar entre mujeres y hombres a través del programa ‘Corresponsabilízate!’
O programa de obradoiros de supervivencia doméstica ‘Corresponsabilízate!’, impulsado pola Oficina de Igualdade de Xénero dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social...
Lugo

O programa de obradoiros de supervivencia doméstica ‘Corresponsabilízate!’, impulsado pola Oficina de Igualdade de Xénero dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC e dirixido á participación do alumnado dos colexios maiores e residencias universitarias integradas no SUR, desenvolveu este luns  un taller de apaños domésticos na residencia Jesús Bal y Gay do Campus Terra.

 

A técnica superior en Desenvolvemento de Produtos Electrónicos Lucía Pérez-Castelao foi a encargada de guiar esta sesión de marcado carácter práctico e durante a que o alumnado participante tivo a oportunidade de aprender a arranxar diversos problemas ou avarías habituais nos fogares.

 

O obxectivo do programa ‘Corresponsabilízate!’, unha iniciativa a través da que se dá cumprimento á acción 4.4. do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC , é o de fomentar un cambio cultural que favoreza a corresponsabilidade de homes e mulleres no desenvolvemento de tarefas básicas no fogar.

 

Daquela, a USC traballa a prol da corresponsabilidade, entendida como unha manifestación dos dereitos das mulleres e dos homes á libre configuración do seu tempo, ademais do reparto equitativo na asunción de tarefas domésticas e de coidado, a través de obradoiros dirixidos ao alumnado residente nos espazos de convivencia que representan os colexios maiores e residencias universitarias da USC, lugares acaídos para desenvolver accións formativas como ferramentas de deconstrución dos estereotipos de xénero.

 

Os obradoiros de supervivencia doméstica ‘Corresponsabilízate!’ botaron a andar a semana pasada no Campus Terra cun taller de cociña de supervivencia impartido polo responsable de cociña das cafeterías ApeTéCeMe, Remo Pillado, e pola nutricionista Olga Vecín.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.