A vespa asiática, obxecto de análise no Campus Terra da USC
Baixo o título, “Vespa Asiática (V. Velutina Nigrithorax): un depredador exótico en Europa. Que nos depara o futuro?”, o Campus Terra da USC acolle entre hoxe e mañá a celebración dun curso de verán...
Lugo
Baixo o título, “Vespa Asiática (V. Velutina Nigrithorax): un depredador exótico en Europa. Que nos depara o futuro?”, o Campus Terra da USC acolle entre hoxe e mañá a celebración dun curso de verán no que se abordará a evolución da velutina en Europa, así como a súa chegada a Galicia. A Facultade de Ciencias do Campus Terra acolle un encontro no que, baixo a dirección de Xesús Feás, tamén se analizarán sistemas de loita preventiva contra este insecto.