Ir o contido principal

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo supervisa a construción da ‘Granxa Experimental do Campus Terra’

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo supervisa a construción da ‘Granxa Experimental do Campus Terra’
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo supervisa a construción da ‘Granxa Experimental do Campus Terra’
A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, xunto co deputado provincial de Medio Rural, Lino Rodríguez...
Lugo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, xunto co deputado provincial de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, supervisaron este luns o avance das obras da ‘Granxa Experimental do Campus Terra’, que USC e Deputación constrúen con 2 millóns de euros no Concello de Castro de Rei.

 

 

Desta cantidade, o organismo provincial achega 1,3 millóns e a Universidade 750.000 euros co obxectivo de  contribuír á mellora do sector primario mediante a aplicación dos proxectos que investigadores e estudantes do Campus Terra (Veterinaria, Enxeñería Agroalimentaria, Máster de Produción de Leite...) desenvolvan nas novas instalacións.

 

A granxa posibilitará tamén implantar un robot de muxido, a través dos fondos do proxecto de especialización Campus Terra, financiado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, e que aspira a transformar o campus de Lugo nun referente no uso sustentable da terra e dos seus recursos; así como probar un innovador sistema de pastoreo.

 

Valcárcel salientou que esta nova dotación favorece un salto cualitativo na docencia e na investigación de parte das titulacións universitarias impartidas no Campus Terra, ligadas coa gandería e ao sector primario. Xunto á vicerreitora tamén visitaron as obras o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina; a vicedecana de Prácticas Externas e Infraestruturas do mesmo centro, Ana María López Beceiro; así como o xestor de Internacionalización do proxecto Campus Terra, Pedro Fiz Rocha Correa.

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.