A XI Olimpíada de Tecnoloxía cita 150 estudantes de secundaria na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
A XI Olimpíada de Tecnoloxía, un certame promovido pola Asociación Educativa Tecnogalia, congrega este martes na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC arredor duns 150 estudantes de secundaria procedentes dos CPI de Cervantes, CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo, de Trabada; CPI Seoane do Courel, IES Gregorio Fernández, de Sarria; IES Pedregal de Irimia, de Meira, e IES Leiras Pulpeiro, de Lugo.
Os estudantes preuniversitarios inscritos tomaron parte nas diversas actividades programadas que comezaron ás 11.00 horas, acompañados de profesores e demais membros da organización da competición. Así, divididos en grupos, todos os participantes foron completando os distintos retos e/ou probas planificadas pola organización para que logo os xuíces outorgaran as puntuacións conseguidas polos distintos equipos nas probas desta sorte de xincana xeolóxica.
Unha vez rematada a fase de competición, que se prolongou en quenda de mañá, e logo de que o xurado determinara a clasificación, procedeuse á entrega de premios aos gañadores. Un xantar de confraternidade e unha posterior ruta de sendeirismo serviron de colofón dunha xornada durante a que o alumnado de ESO tamén tivo a ocasión de coñecer de primeira man as instalacións e algúns servizos que presta a sede universitaria luguesa.