Aberta a inscrición nunha nova xornada de cata de viños brancos de Albariño na Escola Politécnica Superior
O grupo de investigación de referencia competitiva Poxectos e Planificación (Proepla) da USC organiza o 15 de marzo unha nova xornada de cata hedónica e de consumidor na cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC.
Esta nova sesión de cata está promovida no marco do proxecto de investigación 'Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014', que conta con financiamento do CDTI e que contempla catas dos viños elaborados a partir da uva obtida nos diferentes ensaios sobre variedades brancas.
A participación nesta cata é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que poderán catar os caldos en cuestión en quendas dunha hora de duración programadas entre as 17.00 e as 21.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do enderezo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es) ou nos números de teléfono 678 920 897 e 600 940 223.