Ir o contido principal

Aberta a matrícula no módulo de rodaxe cinematográfico do Espazo de Cine do Campus Terra da USC

Abierta la matrícula en el módulo de rodaje cinematográfico del Espacio de Cine del Campus Terra de la USC
Abierta la matrícula en el módulo de rodaje cinematográfico del Espacio de Cine del Campus Terra de la USC
A Oficina de Cultura da USC no Campus Terra mantén aberto o período de matrícula para o módulo 5 do seu Espazo de Cine, centrado no eido da rodaxe e que será impartido polo cineasta Andrés Goteira,...
Lugo

A Oficina de Cultura da USC no Campus Terra mantén aberto o período de matrícula para o módulo 5 do seu Espazo de Cine, centrado no eido da rodaxe e que será impartido polo cineasta Andrés Goteira, director e guionista do filme ‘Dhogs’, que opta a 17 galardóns na próxima entrega dos XVI Premios Mestre Mateo.

 

O Espazo de Cine da USC no Campus Terra aspira a formar o alumnado inscrito para que sexa capaz de crear e producir a través de módulos monográficos que permitan unha formación mínima para enfrontarse á realización de traballos audiovisuais. As persoas interesadas poden cursar, por separado ou conxuntamente, cada módulo e quen xa participara nos módulos anteriores, centrados nas diferentes fases de creación de proxectos audiovisuais, dándolle preferencia a quen fixera un maior número deles, poderá acceder a este módulo 5 sobre rodaxe.

 

Esta acción formativa, de trinta e dúas horas de duración, comezará o 18 de marzo, en horario de 16.00 a 20.00h, e continuará os días 25, 26 e 27 entre as 10.00 e as 14.00h e de 16.00 a 20.00h. O curso rematará o 28 en quenda só de mañá. As inscricións poden realizarse a través do enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)               

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.